Pero que ben o pasamosssssss!
Foi un dos mellores días deste curso!
Chegamos a Lodoselo e xa foi todo especial e diferente.
Comezamos a xornada elaborando un pan riquísimo coa axuda de Isabel e Rosa, as panadeiras
aínda que non temos moitas fotos desto porque estabamos coas mans na masa.
E mentres Rosa e Isabel vixiaban que o pan non se queimara no forno, nós fomos co Camilo a coñecer a historia do Carballo con Botas.
E plantamos un Pradairo coa súa axuda. Collemos terra....
Puxemos o pequeno Pradairo
Fixemos unha pequena paradiña para a merenda de media mañá,botamos unhas partidas ...
e continuamos coas tarefas en contacto coa Natureza.
Tiñamos que emprender a ruta cara ó Xardín Sensorial.Un xardín súper divertido onde puidemos manipular e xogar con todo o que alí había.
Ningún comentario:
Publicar un comentario