Por fin chegara o día de ir a Lodoselo. Tiñamos tantas ganas!
Despois da benvida e de deixar as nosas cousas, xa tiñamos a nosa primeira actividade, o Obradoiro de Pan
Ó remate, deixamos o pan no forno e continuamos con outra actividade.
Mentres un grupo ía no carro de Terra co Toño
Non paramos, pero pasámolo "pipa".
Outros acompañamos a Manuel para darlle de comer ás ovellas e os carneiros
E logo cambiamos
Xa pasara parte da mañá, pero aínda quedaban moitas cousas por facer.
Camilo tiña preparada unha historia dun Carballo con Botas para contarnos
e plantamos con el un Pradairo.
E para rematar... e antes de comer ... visitamos O Xardín Sensorial
Non paramos, pero pasámolo "pipa".
Desfrutamos un montón, aprendemos moitas cousas e ...
XA TEMOS GANAS DOUTRA
Ningún comentario:
Publicar un comentario