venres, 30 de xuño de 2023

FIN DUNHA ETAPA.GRADUACIÓN 2020-2023

 Parece que foi onte cando chegastes ó noso cole.

Cargados de medos, de ilusións, de curiosidade.

E xa pasaron tres cursos!

Cheos de experiencias,de aprendizaxes 

e sobre todo de alegrías.

O día 15 deste mes foi a vosa despedida deste pequeno paraíso que é o piso de abaixo do cole.

Foi unha xornada fantástica pensada para vós, os/as verdadeiros/as protagonistas desta xeración irrepetible. 

Dende aquí queremos agradecervos todos os momentos máxicos vividos ó voso lado. Agradecervos que nos deixarades formar parte destes 3 aniños das vosas vidas.

NORABOA!

E lembrade, que aínda que vaiades ó piso de arriba...

sempre seredes os nosos SEIXALBIÑOS e SEIXALBIÑAS.

FELIZ NOVA ANDAINA NO 1º PISO!



 

 

 

domingo, 4 de xuño de 2023

RECORDOS NA MALETA.A EXPOSICIÓN

 E os Seixalbiños e Seixalbiñas tiñamos que ir.

Foi o pasado venres 2 de xuño aproveitando que a choiva parara.
 
Trala andaina por esa contorna fermosa e tras 20 minutiños ...chegabamos o noso querido Seixalbo

Nos locales da Asociación Cultural AGROMADAS e a Asociación de veciños SAN BREIXO ía comezar a nosa volta ó mundo grazas a Exposición Recordos na Maleta, o proxecto deste curso no noso cole.
 
Por unha banda EXIPTO coa súas pirámides, o río Nilo,unha CLEPSIDRA (reloxo de auga) e moitísimas cousiñas que investigaron os nenos e nenas de 1º

Tamén PAÍSES BAIXOS cos seus muíños,os seus ricos queixos, os seus coloridos tulipáns... que coñecimos polos traballosdos amigos e amigas de 2º.

E USA coa súa famosa estatua da Liberdade, a súa vistosa bandeira,... A Teacher Isa e @s maiores fixeron un traballo fantástico.

E alí o seu carón estaban os países sobre os que nós, @s Seixalbiñ@s  traballamos todo o curso

MEXICO   BRASIL   ITALIA

Sabemos tantas cousas deses países!

Por outra banda,cruzando a rúa estaban REINO UNIDO co seu Big Ben,cunha vermella cabina de teléfonos e, por suposto, unha mesa preparada para a hora do té que preparou o alumnado de 4º

XAPÓN cos seus templos milenarios,os seus kimonos, as loitas de sumo,... Alucinamos coa cantidade de marcas de coches que naceron alí. Todo o aprendimos grazas ós traballos de 6º

A Torre Eifel, o Arco de Triunfo, Notre Dame e o Museo Louvre nos esparaban porque chegaramos a FRANCIA. Coñecimos a Napoleón, ó Principiño,... pero tamén outra cousa moi importante, por se alguén non o sabe, alí está Disneyland en París (a capital de Francia).Grazas profe Isa e amig@s de 3º por ensinarnos tantas cousas.

E así, coma quen non quere a cousa, chegamos o país dos canguros e os Koalas,AUTRALIA.É un país súper especial que coñecimos grazas ós amigos e amigas de 5º.

 Aprendimos,xogamos,... 

Paseo en góndola
Loita de sumo

e merendamos no parque da Infesta 


Unha xornada fantástica!

   A NOSA VOLTA Ó MUNDO rematara 

tiñamos, igual que Leo, a maleta chea de recordos.

Pero ...

finalmente axudaríamos a Leo a recordar?

Velaquí algunhas fotiños desta xornada.

3 anos 

4 anos


5 anos A
5 anos B