domingo, 31 de maio de 2020

A FRAUTA DE PAN DE ALEXANDRE

Alexandre da clase de 5 anos, fixo esta estupenda e colorida frauta de pan que comparte con nós. Grazas Alexandre!

xoves, 28 de maio de 2020

MOMENTO MUSICAL DE MIRENE

Mirene comparte con nós un momento musical no que a podemos ver escoitando unha das cancións das actividades musicais de cada semana. Moi ben Mirene! Grazas pola túa aportación! Encántanos verte!

mércores, 27 de maio de 2020

luns, 25 de maio de 2020

IDEAS MUSICAIS

Diego de 5 anos comparte con nós esta idea tan orixinal. Fixádevos,  fixo notas musicais con pompóns!! Moitas grazas Diego polo teu interese e por compartir con todos nós esa idea tan xenial! Biquiños!

domingo, 24 de maio de 2020

XA CHEGA O VERÁN...


OLA NENOS E NENAS DE INFANTIL!!!

Dentro de moi pouco chega unha estación moi fermosa " O VERÁN" na que ides disfrutar e tédelo moi merecido..

As mestras de infantil propoñemos unha actividade de moita cor e imaxinación. Tedes que atopar pedras de tamaños diversos a poder ser lisiñas para poder decoralas.

A nosa proposta é que fagades cousiñas relacionadas cosa estación que chega: peixes, ondas mariñas,...

Deixamos un exemplo que fixo a profe Rosa fermoso... 




 Neste caso ela úsaos como pisapapeis...mirade que chulada!!! moi ben profe Rosa. Agora animádevos...

mércores, 20 de maio de 2020

CHEEKY CUENTA 1,2,3

Bos días!!! Hoxe CHEEKY conta 1, 2 e 3 en inglés!!! Contade os vosos xoguetes!! 

Déixovos tamén, por se vos apetece, unhas fichas para que recorten dinosaurios pequenos (última folla) e os vaian colocando en cada ficha segundo o número que pon e un vídeo de BLIPPI contando do 1 ao 10.



martes, 19 de maio de 2020

CONTORNO FLORIDO

Nesta semana a nosa proposta volve estar relacionada coa Primavera. 

Esta vez coa beleza da paisaxe:
          chea de árbores engalanadas de flores e froitos 
                   cuberta de fermosas e moi diferentes flores ..

Gustaríanos recibir unha foto vosa rodeado/a de flores, a carón dunha árbore adornada pola primavera,... 
 
 se é no voso  xardín mellor.





VEÑA,ESPERAMOS A VOSA FOTO!

venres, 15 de maio de 2020

AS MELLORES FAMILIAS DO MUNDO

AS MELLORES FAMILIAS DO MUNDO 

ESTÁN NO NOSO COLE

estas son algunhas delas


GRAZAS AMORCIÑOS
GRAZAS FAMILIAS