luns, 11 de maio de 2020

A MIÑA FAMILIA

O próximo día 15 de maio é o día da familia.

As mestras de infantil animámosvos a agredecerlles todo o agarimo que vos están dando agora e sempre...

Por iso propoñemos unha actividade na que debedes debuxar os membros da vosa familia ...e tamén a vos mesmos ..todos xuntiños.

Despois podedes decorar o debuxo e incluso poñerlle un marco ao redor feito con material que teñades ..plastilina, cartón, botóns...

Unha vez estea lista enviádea ao correo do blog...infantil20seixalbo@gmail.com.

Graciñas...xa veredes que ben o facedes!!!!!

   

      A familia é como o sol
           danos calor e enerxía
      protéxenos do mal tempo
      e énchenos de alegría.



Ningún comentario:

Publicar un comentario