Neste taboleiro podedes ver os debuxos que fixeron Alexandre e Xavi Janeiro. Alexandre decidiu practicar e facer un pentagrama nun papel e Xavi Janeiro, mentres escoitaba as audicións de Beethoven das actividades de Música debuxou esas obras de arte que comparte con nós. Nese taboleiro hai outro debuxo que fixen eu, Yolanda, mentres escoitaba tamén a Beethoven. Acordábame de todos vós os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, que vos levo a todos no corazón. Animo a todos os que non fixeron as actividades de Música a que as fagades. Podedes pintar ou debuxar no fondo das audicións co lapis e as cores virtuais , como fixen eu, sacarlle unha foto e compartila con nós. Ou como fixo Xavi, debuxar nun papel e enviarnos a foto. O que vós prefirades. A partir do luns teredes novas actividades musicais. Espero que vos gusten! Biquiños!
Ningún comentario:
Publicar un comentario