luns, 11 de abril de 2022

Seixalbo Park.O mundo dos dinosaurios en Seixalbo

  O pasado mes de marzo tivemos a oportunidade de gozar do incrible mundo dos dinosaurios no noso cole grazas aos nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil.

Tiranosaurio  Rex, Triceratops, Velociraptor,Diplodocus e un montón deles máis puidemos coñecelos na exposición que montaron a profe Luci e os seus cativos .

Puidemos comprobar todo o que saben de cada un deles, o que medían, o que comen,cales eran os máis temidos,... moitísimas cousas! que explicaron de maravilla,como auténticos profesionais.
 
Pasamos pola exposición moitos cursos,todos os de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed.Primaria, e todos estivemos moi moi atentos ás explicacións.
 

E ademais puidemos tocar e manipular os diferentes dinosaurios que alí estaban. Foi xenial!

Aprendemos moito e pasámolo fenomenal.

GRAZAS PROFE LUCI.
GRAZAS NENOS E NENAS DE 6º DE ED. INFANTIL