venres, 19 de xuño de 2020

FESTIVAL VIRTUAL

Chegou o último día do curso e ímolo despedir cun festival virtual. Mirene, Mateo Pereira e Xavier Janeiro enviaron os últimos vídeos do curso, asíque reunímolos neste pequeno festival para que os vexades e disfrutedes. Contamos tamén coa participación de Diego Rodríguez que nos enviou unha foto ben bonita. Grazas a todos por participar. Un forte aplauso para vós!!

xoves, 11 de xuño de 2020

HOXE SAÚDA... MATEO PEREIRA!

Mateo Pereira comparte con nós o seu ratiño musical. No seu caso é ao piano! No vídeo podemos ver o que el presenta como "un concerto de piano". Moitas grazas Mateo, segue mantendo sempre a ilusión pola música! Encántanos verte!

mércores, 10 de xuño de 2020

DEAR ZOO

ESTA SEMANA CHEEKY PARROT OS TRAE UNO DE SUS CUENTOS FAVORITOS QUE YA VIMOS EN EL COLE!!!

OS ACORDÁIS?? En el BLOG encontraréis el cuento y algunas actividades por niveles, aunque podéis hacerlas todas! 


luns, 8 de xuño de 2020

PEDRAS PINTADAS

VELAQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DAS PRECIOSIDADES QUE FIXESTES COAS PEDRAS

AS VOSAS MANS TRANSFORMARON AS PEDRAS EN "XOIAS DE VERÁN"

  ERIC
  MARTÍN
MATEO PEREIRA
MATEO SANTÁS   
  XABI

GRAZAS  PEQUENOS ARTISTAS !
                             

mércores, 3 de xuño de 2020

MOMENTO MUSICAL DE MIRENE


Hoxe temos con nós a Mirene que continúa facendo as propostas musicais de cada semana sen que decaia o ánimo. Aquí a podedes ver escoitando atentamente a canción desta semana "Yellow submarine"  de The Beatles. Grazas polo teu traballo, Mirene e por compartilo con nós. Encántanos verte!

CHEEKY PARROT ON A TREE!!!

HELLO KIDS!!!! 


Outra semana máis déixovos o enlace ao BLOG. Alí atoparedes actividades para repasar os medios de transporte, canción e vídeo!! 


martes, 2 de xuño de 2020

A GUITARRA DE DIEGO!

Hoxe Diego, da clase de 5 anos quere compartir con nós este instrumento caseiro tan orixinal que fixo. Unha guitarra!! Non lle falta detalle. Grazas Diego por animarte a facelo e por compartir as fotos con nós. Encántanos verte!


luns, 1 de xuño de 2020

ASÍ DE BEN O FAI LEO!

Fixádevos no ben que leva Leo o ritmo!! Ademais de facelo con precisión a súa expresión demostra o ben que o pasa e como desfruta facendo esta canción. Moi ben Leo!! Grazas por compartir con nós este momento musical. Encántanos verte!

ENTRE FLORES


Unha pequena mostra do fermosos e fermosas que son os nosos nenos e nenas