domingo, 25 de abril de 2021

Aprendemos con Vialín

 Os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil asistiron hai unhas semanas á AUTOESCOLA; ou mais ben, a AUTOESCOLA veu ó noso cole.

O caso é que, como peóns prudentes e futuros condutores responsables, os/as maiores aprenderon un montón de cousiñas con Vialín.

Velaquí deixámosvos algunhas fotiños


estiveron moi atent@s

 

APRENDER É DIVERTIDO!

venres, 16 de abril de 2021

SABEMOS MÁIS SOBRE PLANTIÑAS

 Este luns todo o alumnado de infantil tivemos a oportunidade de coñecer máis cousiñas sobre as plantas grazas a unha actividade da Concellería de Educación de Ourense.

Águeda ensinounos que precisan as plantas para vivir, que partes teñen,...Contounos tamén que comemos diferentes partes das plantas, como as raíces (cenouras e patacas), talos (porros,espárragos),follas (leitugas,espinacas),...

Velaquí algunhas  fotiños de todo o que fixemos durante a  actividade.


Estivemos moi atentos ás explicacións e fixemos preguntas interesantes
 
 
ATA NOS ENTREVISTARON AS XORNALISTAS DE TELEMIÑO!!!

 
 
 E para rematar a actividade...
 
Unha plantiña de "fresas",trasplantada por cada un de nós, que levamos para casa. 



sábado, 10 de abril de 2021

FELICIDADE NO AREEIRO!

 Cubos,moldes,pás,anciños,carretillas e

area, moita area

para xogar,manipular,crear,experimentar 

GOZAR



FELICIDADE  ABSOLUTA!