Este luns todo o alumnado de infantil tivemos a oportunidade de coñecer máis cousiñas sobre as plantas grazas a unha actividade da Concellería de Educación de Ourense.
Águeda ensinounos que precisan as plantas para vivir, que partes teñen,...Contounos tamén que comemos diferentes partes das plantas, como as raíces (cenouras e patacas), talos (porros,espárragos),follas (leitugas,espinacas),...
Velaquí algunhas fotiños de todo o que fixemos durante a actividade.
Unha plantiña de "fresas",trasplantada por cada un de nós, que levamos para casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario