MÚSICA

Chegamos á meta! Última semana do curso por diante. Déixovos o  que preparei como despedida. Hoxe non toca traballo, toca festaaaa! Buscade pola imaxe! Hai unha curtrametraxe de debuxos, hai varias cancións divertidas... etc... Ah! e collede os vosos diplomas! Moitas grazas por todo! Coidádevos moito, vémonos á volta!

Bo día a todos e todas!! Última semana de traballo!! A semana que vén despedida e vacacións que ben as merecedes. Pois aquí vos deixo as últimas actividades deste curso para que fagades as que vos gusten ou apetezan. Apertas musicais para todos!



Olaaaa! Nova semana, novo mes e novas actividades!! E xa case estamos acabando!! Estou mooooi agradecida a todos os que cada semana acudides á cita musical e vos dades unha voltiña polas actividades que máis vos gustan. Moitas apertas para todos!


Bo día!! Xa temos por diante outra semaniña máis e con ela chegan tamén novas actividades musicais. Hai un pouquiño de todo para que fagades as que vos apetezan ou as que vos sexan máis fáciles. Esta semana faremos unha viaxe pola galaxia e coñeceremos un novo compositor. Quero agradecer ás familias que adican parte do seu tempo a facer estas actividades cos seus fillos o seu interese e implicación. Moitas grazas! Calquera dúbida, problema ou comentario que xurda, non dubidedes en poñervos en contacto comigo (ygguerra1@gmail.com). Tentarei dar resposta na maior brevidade posible. Tende paciencia se non é tan pronto como vos gustaría, xa que por sorte Música é unha asignatura que teñen todos os nenos de cole!! Grazas pola vosa comprensión.



Ola de novo a tod@s! Déixovos algunhas propostas musicais para esta semana. Un pouquiño de todo para que cada un fagades o que vos guste ou vos sexa máis fácil. Espero que sexan do voso interese e agrado. Saúdos musicais!





Ola a todos e todas de novo! Comeza unha nova semana e teño preparadas algunhas actividades musicais para que disfrutedes e aprendades. Espero que vos gusten moito. Se tedes algunha dúbida ou queredes compartir algo podedes facelo no meu correo ygguerra1@gmail.com. Que teñades unha boa semana.





Neste taboleiro podedes ver os debuxos que fixeron Alexandre e Xavi Janeiro. Alexandre decidiu practicar e facer un pentagrama nun papel e Xavi Janeiro, mentres escoitaba as audicións de Beethoven das actividades de Música debuxou esas obras de arte que comparte con nós. Nese taboleiro hai outro debuxo que fixen eu, Yolanda, mentres escoitaba tamén a Beethoven. Acordábame de todos vós os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, que vos levo a todos no corazón. Animo a todos os que non fixeron as actividades de Música a que as fagades. Podedes pintar ou debuxar  no fondo das audicións co lapis e as cores virtuais , como fixen eu, sacarlle unha foto e compartila con nós. Ou como fixo Xavi, debuxar nun papel e enviarnos a foto. O que vós prefirades. A partir do luns teredes novas actividades musicais. Espero que vos gusten! Biquiños!
Ola nenos e nenas!
Vouvos deixar algunhas cousiñas para que coñezades un pouquiño a un músico moi importante. Chámase Beethoven. Se queredes, ao longo do trimestre,  sempre que vos apeteza podedes enviarme algunha foto con algunha actividade que fixérades e vos gustase. Eu gardareinas e de vez en cando  no blog ireinas publicando para que vos vexades uns aos outros, parécevos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario