Por fin, despois de case dous cursos,puidemos gozar cunha excursión fantástica. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Infantil pasamos unha divertida xornada no Pobo Escola de Lodoselo.
Alí grazas a Paula,Camilo, Manuel e Toño gozamos con varias actividades e obradoiros en contacto coa Natureza.
Coñecemos e alimentamos os animais que alí teñen:
A Cadela Muma, a burra Terra,...
e tamén ás ovellas e carneiros
e algunha cigoña que estaba no seu niño coas súas crias.
Fixemos varios obradoiros:
Os de 5º de Infantil aprendemos a facer pan con Isabel e Rosa, expertas panadeiras
E os de 6º de Infantil realizamos un obradoiro de elaboración de papel
Pero esto non foi o único que fixemos....
E gozamos moitísimo nun Parque Sensorial onde puidemos ver, tocar, ulir, experimentar,...
E como temos moitísimas fotos, nestes días faremos máis publicacións
Ningún comentario:
Publicar un comentario