xoves, 19 de maio de 2022

4 anos B en LODOSELO

 Pero que ben o pasamosssssss!

Foi un dos mellores días deste curso!

Chegamos a Lodoselo e xa foi todo especial e diferente.

Comezamos a xornada elaborando un pan riquísimo coa axuda de Isabel e Rosa, as panadeiras 

aínda que non temos moitas fotos desto porque estabamos coas mans na masa.

E mentres Rosa e Isabel vixiaban que o pan non se queimara no forno, nós fomos co Camilo a coñecer a historia do Carballo con Botas.

E plantamos un Pradairo coa súa axuda. Collemos terra....
Puxemos o pequeno Pradairo

E regamos 

Fixemos unha pequena paradiña para a merenda de media mañá,botamos unhas partidas ...

  

e continuamos coas tarefas en contacto coa Natureza.

Tiñamos que emprender a ruta cara ó Xardín Sensorial.Un xardín súper divertido onde puidemos manipular e xogar con todo o que alí había.



Igual pensades que estabamos esgotados, pero NON. Tiñamos forzas para moitas mais cousas.
O seguinte... dar un paseo no carro de Terra.Pero como non podía con todos, fixemos dúas quendas:Uns daban o paseo e outros ían darlle de comer os animais.

E logo ó revés.
 
E tras un merecido almorzo, tocaba a despedida. 
Tiñamos que ir polo noso pan ó forno,que por certo estaba delicioso 
               recoller os nosos Pradairos para levar para casa...
e de volta á realidade.
Pero sabedes que? Non nos importa nadiña porque 

PASÁMOLO DE MARABILLA! e temos claro que QUEREMOS OUTRA EXCURSIÓN AXIÑA
 
 







4 anos A en Lodoselo

 Por fin chegara o día de ir a Lodoselo. Tiñamos tantas ganas!

 

 Despois da benvida e de deixar as nosas cousas, xa tiñamos a nosa primeira actividade, o Obradoiro de Pan

Ó remate, deixamos o pan no forno e continuamos con outra actividade.
 
Mentres un grupo ía no carro de Terra co Toño

Outros acompañamos a Manuel para darlle de comer ás ovellas e os carneiros

E logo cambiamos

   

 Xa pasara parte da mañá, pero aínda quedaban moitas cousas por facer.

Camilo tiña preparada unha historia dun Carballo con Botas para contarnos

e plantamos con el un Pradairo.

E para rematar... e antes de comer ... visitamos O Xardín Sensorial

 E tamén fixemos o percorrido que alí había

Non paramos, pero pasámolo "pipa". 
Desfrutamos un montón, aprendemos moitas cousas e ...
XA TEMOS GANAS DOUTRA