Onte, os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil, foron coñecer a nosa cidade, grazas a unha actividade organizada polo Concello de Ourense.
Estiveron súper atentos a todo o que Martiño lles contou sobre as Burgas, o Concello e a Catedral.
Algúns/algunhas foron tan valentes que ata tocaron auga das Burgas.O que quedou claro nesta saída é que Ourense ten moitísimos tesouros e que a nosa cidade é a máis bonita do mundo (ou polo menos unha delas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario