domingo, 25 de decembro de 2022

domingo, 27 de novembro de 2022

SAMAÍN 2022

Familias...

queredes pasar un pouquiño de medo?

 Os/as vosos/as fillos/as e as súas mestras non se fan responsables dos pesadelos que poidades ter tralo visionado deste vídeo.


domingo, 23 de outubro de 2022

martes, 20 de setembro de 2022

TODOS, TODAS

 E POR FIN! XA ESTAMOS TODOS NO COLE (en horario completo) E PODEMOS DARVOS A BENVIDA Ó CURSO 2022-2023

 Os pequerrechos (4º Ed. Infantil)

 Os medianos/as (5º de Ed. Infantil)
e os maiores
6º A Ed. Infantil

6º B Ed. Infantil
 
En breve voltaremos por aquí, 
ó blog dos Seixalbiños, para ensinarvos e contarvos algunha das cousiñas divertidas que facemos no cole.
"ABURIÑO"
 





 

martes, 6 de setembro de 2022

3-2-1... E comezamos

   ESTE XOVES día 8  

COMEZAMOS!!!!!!!

ás 9:30h o alumnado de 5º e 6º de Infantil

- Con horario completo  

e servizo de comedor e transporte -

* Os de 3 aniños (4º de Ed.Infantil) inician o P. de adaptación ás 10:00h, segundo o calendario e horario previsto  

 E antes de comezar... dúas cousiñas moi importantes:

- Non empregaremos máscaras no cole.

 - Teremos unha reunión cada titora coas familias da súa aula  

o vindeiro MARTES día 13  ás 17:00h

(excepto as familias de 4º de Ed. Inf, que xa a tiveron)

 O curso 2022-2023 vai comezar.

Preparad@s,list@s,...

 

xoves, 19 de maio de 2022

4 anos B en LODOSELO

 Pero que ben o pasamosssssss!

Foi un dos mellores días deste curso!

Chegamos a Lodoselo e xa foi todo especial e diferente.

Comezamos a xornada elaborando un pan riquísimo coa axuda de Isabel e Rosa, as panadeiras 

aínda que non temos moitas fotos desto porque estabamos coas mans na masa.

E mentres Rosa e Isabel vixiaban que o pan non se queimara no forno, nós fomos co Camilo a coñecer a historia do Carballo con Botas.

E plantamos un Pradairo coa súa axuda. Collemos terra....
Puxemos o pequeno Pradairo

E regamos 

Fixemos unha pequena paradiña para a merenda de media mañá,botamos unhas partidas ...

  

e continuamos coas tarefas en contacto coa Natureza.

Tiñamos que emprender a ruta cara ó Xardín Sensorial.Un xardín súper divertido onde puidemos manipular e xogar con todo o que alí había.



Igual pensades que estabamos esgotados, pero NON. Tiñamos forzas para moitas mais cousas.
O seguinte... dar un paseo no carro de Terra.Pero como non podía con todos, fixemos dúas quendas:Uns daban o paseo e outros ían darlle de comer os animais.

E logo ó revés.
 
E tras un merecido almorzo, tocaba a despedida. 
Tiñamos que ir polo noso pan ó forno,que por certo estaba delicioso 
               recoller os nosos Pradairos para levar para casa...
e de volta á realidade.
Pero sabedes que? Non nos importa nadiña porque 

PASÁMOLO DE MARABILLA! e temos claro que QUEREMOS OUTRA EXCURSIÓN AXIÑA
 
 







4 anos A en Lodoselo

 Por fin chegara o día de ir a Lodoselo. Tiñamos tantas ganas!

 

 Despois da benvida e de deixar as nosas cousas, xa tiñamos a nosa primeira actividade, o Obradoiro de Pan

Ó remate, deixamos o pan no forno e continuamos con outra actividade.
 
Mentres un grupo ía no carro de Terra co Toño

Outros acompañamos a Manuel para darlle de comer ás ovellas e os carneiros

E logo cambiamos

   

 Xa pasara parte da mañá, pero aínda quedaban moitas cousas por facer.

Camilo tiña preparada unha historia dun Carballo con Botas para contarnos

e plantamos con el un Pradairo.

E para rematar... e antes de comer ... visitamos O Xardín Sensorial

 E tamén fixemos o percorrido que alí había

Non paramos, pero pasámolo "pipa". 
Desfrutamos un montón, aprendemos moitas cousas e ...
XA TEMOS GANAS DOUTRA