sábado, 20 de maio de 2023

COÑECENDO A NOSA CIDADE

 Onte, os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil, foron coñecer a nosa cidade, grazas a unha actividade organizada polo Concello de Ourense.

 
Acompañados do famoso MARTIÑO, que sabe moitísimas cousas de Ourense.

Estiveron súper atentos a todo o que Martiño lles contou sobre as Burgas, o Concello e a Catedral.

Algúns/algunhas foron tan valentes que ata tocaron  auga das Burgas.

O que quedou claro nesta saída é que Ourense ten moitísimos tesouros e que a nosa cidade é a máis bonita do mundo (ou polo menos unha delas).