xoves, 9 de decembro de 2021

DÍA DAS DIVERCAPACIDADES

 O día 3 celebramos o Día Internacional das "DIVERCAPACIDADES".

Si, si, lestes ben, das Divercapacidades.

 Ides entendelo mellor cando vexades todas as actividades que fixemos ao longo da semana pasada e que tiñan como obxectivos coñecer cousiñas sobre a discapacidade visual e sensibilizarnos na relación coas persoas con baixa visión e/ou invidentes.

  Visionado de curtos como "Pip, el perro guía" ou  "Los colores de las flores"

Lectura dos contos   "Cierra los ojos" ou "El libro negro de los colores"

E grazas a Sandra (mestra de educación visual da O.N.C.E.), gozamos tocando, mirando e lendo os libros mais bonitos e especiais que viramos nunca, nunha exposición de libros da O.N.C.E.
 
 
 Estaban cheos de diferentes texturas, debuxos e obxectos en relevo, escritos con puntiños, que nos explicaron que era Braille,...
 
E púxemonos na pel de persoas que teñen algún tipo de discapacidade
 


visual
 
motórica,...

Poñéndonos na súa pel puidemos comprobar que teñen

capacidades extraordinarias



 A VARIEDADE  É RIQUEZA
DIVERSIDADE = DIVERCAPACIDADE








Ningún comentario:

Publicar un comentario