POR SE PRECISADES IDEAS,
VELAQUI VAN ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS
feitas polo Equipo da Biblioteca do Cole en colaboración coas mestras de Ed. Infantil
https://view.genial.ly/61b2fd940d5f280ddbedbdaa
Un percorrido polas vivenzas, experiencias e aventuras que desfrutamos no día a día no noso cole.
POR SE PRECISADES IDEAS,
VELAQUI VAN ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS
feitas polo Equipo da Biblioteca do Cole en colaboración coas mestras de Ed. Infantil
https://view.genial.ly/61b2fd940d5f280ddbedbdaa
E así, nun tris tras...
pasou o trimestre e
chegou o Nadal.
🎄🎄🎄
vos desexan Boas festas
todos os nosos Seixalbiños
Nestes tempos complicados
e coas nosas cariñas tapadas
comezamos o Nadal felices,
coma se nada pasara
Familia, queremos regalarvos os nosos sorrisos
porque desexamos que os vosos ollos
non perden o seu brillo.
O día 3 celebramos o Día Internacional das "DIVERCAPACIDADES".
Si, si, lestes ben, das Divercapacidades.
Ides entendelo mellor cando vexades todas as actividades que fixemos ao longo da semana pasada e que tiñan como obxectivos coñecer cousiñas sobre a discapacidade visual e sensibilizarnos na relación coas persoas con baixa visión e/ou invidentes.
Visionado de curtos como "Pip, el perro guía" ou "Los colores de las flores"
Lectura dos contos "Cierra los ojos" ou "El libro negro de los colores"
Poñéndonos na súa pel puidemos comprobar que teñen
capacidades extraordinarias