Esta semana no noso cole reinaba a cor azul
Quixemos homenaxear ós "doces e valentes" compañeir@s
que día a día conviven coa diabetes
Primeiro aprendimos algunhas cousiñas sobre esta enfermidade con curtametraxes de debuxos , como a de "Carol tiene diabetes"
Tamén Os Bolechas ensinaronnos cousiñas "Os Bolechas saben o que é a diabete" e "Manuela é nova na escola:Medrando con diabetes"A semana pasada fixemos cada un de nós unha man azul cunha pinguiña vermella.
Aínda que o Día da diabetes celébrase o 14 de novembro, no cole festexámolo o mércores 17 cun pequeno acto no que leron un manifesto e no que aplaudimos forte ós/ás nenos/as do cole que teñen diabetes.
Alí estivemos todos/as engalanados cunha cinta de cor azul
Despois colocamos as nosas mans nun fermoso mural, onde tamén estaban as mans de todos os que convivimos no cole (nen@s, mestr@s e resto do persoal)
Neste acto coñecimos a ANEDIA, unha asociación que axuda a nenas e nenos con diabetes e ás súas familias.Que gran labor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario