luns, 29 de novembro de 2021

25 N

Nos encanta debuxar.Deixar fluír a imaxinación, a fantasía, a realidade,...

pero non esta realidade que vemos e escoitamos nas noticias.

Nos encanta a cor morada... 

  

pero non cando ten que ver coa falta de amor e coa violencia

 Con diferentes actividades aprendemos e comprendemos que 

 Tod@s, nenos e nenas somos iguais e que 

é sinxelo comprenderse, respetarse e quererse

 

NON   non   NON  non

Os pequerrech@s de Seixalbo dicimos

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

martes, 23 de novembro de 2021

Día do Neno 2021

 A MIÑA COR FAVORITA É ... VERTE 

 

Sodes os nosos tesouriños

sodes os nosos amorciños 

sodes os nosos pequechos 

tan alegres, tan fantásticos, tan únicos,

tan  ESPECIAIS

4 anos B

5 anos

A felicidade e a sorpresa que amosaban os vosos pequenos ollos tralos aplausos de tod@s @s mestres/as, quedaron grabados nos nosos💗💗💗💗

PARABÉNS!


 


sábado, 20 de novembro de 2021

O COLE AZUL

  Esta semana no noso cole reinaba a cor azul

Quixemos  homenaxear ós "doces e valentes" compañeir@s 

que día a día conviven coa diabetes

 Primeiro aprendimos algunhas cousiñas sobre esta enfermidade con curtametraxes de debuxos , como a de "Carol tiene diabetes"

Tamén Os Bolechas ensinaronnos cousiñas "Os Bolechas saben o que é a diabete" e "Manuela é nova na escola:Medrando con diabetes"

 A semana pasada fixemos cada un de nós unha man azul cunha pinguiña vermella.

Aínda que o Día da diabetes celébrase o 14 de novembro, no cole festexámolo o mércores 17 cun pequeno acto no que leron un manifesto e no que aplaudimos forte ós/ás nenos/as do cole que teñen diabetes.

 Alí estivemos todos/as engalanados cunha cinta de cor azul

 

Despois colocamos as nosas mans nun fermoso mural, onde tamén estaban as mans de todos os que convivimos no cole (nen@s, mestr@s e resto do persoal)

Neste acto coñecimos a ANEDIA, unha asociación que axuda a nenas e nenos con diabetes e ás súas familias.Que gran labor!











mércores, 17 de novembro de 2021

O noso Magosto

 Polo San Martiño... 

xogos ,castañas e camiño

 Quentando motores e mans

Gozando cos xogos

Marabilloso roteiro pola contorna

 e repoñendo forzas

Por eso estivemos todo o día con este sorriso