mércores, 22 de decembro de 2021

Libros que son agasallos

 POR SE PRECISADES IDEAS,

VELAQUI VAN ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS

 feitas polo Equipo da Biblioteca do Cole en colaboración coas mestras de Ed. Infantil

 

https://view.genial.ly/61b2fd940d5f280ddbedbdaa

 

 

Chegou o Nadal

 E así, nun tris tras...

pasou o trimestre e

chegou o Nadal. 

 🎄🎄🎄

Dende os maiores ata os máis pequeniños

vos desexan Boas festas

 todos os nosos Seixalbiños

 

Nestes tempos complicados  

e coas nosas cariñas tapadas

comezamos o Nadal felices,

coma se nada pasara

 Familia, queremos regalarvos os nosos sorrisos

porque desexamos que os vosos ollos

 non perden o seu brillo.


É tempo de Nadal, de festa e de familia
 
DESFRUTADE XUNTIÑOS
 
(con precaución e sentidiño

 e vémonos á voltiña.

Rosa,Luci, Elia,Eva e Maite deséxanvos neste Nadal
unhas Felices Festas
  e os mellores desexos 
no ano que vai comezar
 









xoves, 9 de decembro de 2021

DÍA DAS DIVERCAPACIDADES

 O día 3 celebramos o Día Internacional das "DIVERCAPACIDADES".

Si, si, lestes ben, das Divercapacidades.

 Ides entendelo mellor cando vexades todas as actividades que fixemos ao longo da semana pasada e que tiñan como obxectivos coñecer cousiñas sobre a discapacidade visual e sensibilizarnos na relación coas persoas con baixa visión e/ou invidentes.

  Visionado de curtos como "Pip, el perro guía" ou  "Los colores de las flores"

Lectura dos contos   "Cierra los ojos" ou "El libro negro de los colores"

E grazas a Sandra (mestra de educación visual da O.N.C.E.), gozamos tocando, mirando e lendo os libros mais bonitos e especiais que viramos nunca, nunha exposición de libros da O.N.C.E.
 
 
 Estaban cheos de diferentes texturas, debuxos e obxectos en relevo, escritos con puntiños, que nos explicaron que era Braille,...
 
E púxemonos na pel de persoas que teñen algún tipo de discapacidade
 


visual
 
motórica,...

Poñéndonos na súa pel puidemos comprobar que teñen

capacidades extraordinarias



 A VARIEDADE  É RIQUEZA
DIVERSIDADE = DIVERCAPACIDADE








luns, 29 de novembro de 2021

25 N

Nos encanta debuxar.Deixar fluír a imaxinación, a fantasía, a realidade,...

pero non esta realidade que vemos e escoitamos nas noticias.

Nos encanta a cor morada... 

  

pero non cando ten que ver coa falta de amor e coa violencia

 Con diferentes actividades aprendemos e comprendemos que 

 Tod@s, nenos e nenas somos iguais e que 

é sinxelo comprenderse, respetarse e quererse

 

NON   non   NON  non

Os pequerrech@s de Seixalbo dicimos

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

martes, 23 de novembro de 2021

Día do Neno 2021

 A MIÑA COR FAVORITA É ... VERTE 

 

Sodes os nosos tesouriños

sodes os nosos amorciños 

sodes os nosos pequechos 

tan alegres, tan fantásticos, tan únicos,

tan  ESPECIAIS

4 anos B

5 anos

A felicidade e a sorpresa que amosaban os vosos pequenos ollos tralos aplausos de tod@s @s mestres/as, quedaron grabados nos nosos💗💗💗💗

PARABÉNS!