venres, 17 de marzo de 2023

AS PIRATAS DE VERBATECA

 O pasado 3 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Infantil desfrutamos da visita dunhas piratas moi especiais.


Con elas aprendemos moitas palabras bonitas que temos 

na nosa fermosa lingua, o GALEGO

A través de diferentes retos e xogos acadamos un valioso cofre no que meter todas as palabras que coñecemos en galego, para logo empregalas no nosa vida cotiá.

 
Porque os/as verdadeiros/as piratas saben que...

O  TESOURO MAIS VALIOSO QUE TEMOS É A NOSA LINGUA