sábado, 19 de setembro de 2020

Grazas por coidarvos e coidarnos

  Estamos FELICES de ver que todas as nosas familias comprenderon e respectaron o uso da máscara no cole.

Estamos ORGULLOSAS de comprobar que @s nos@s pequen@s son maravillosamente responsables.


Entre tod@s poremoslle un pouquiño máis difícil as cousas ó "bicho malo"

GRAZAS POR COIDARVOS E COIDARNOS

 

E PARA QUE SEXAN EFECTIVAS:

LEMBRADE CAMBIALAS - LIMPALAS - CAMBIARLLE OS  FILTROS




mércores, 9 de setembro de 2020

LEMBRAMOS O MATERIAL PARA ESTE CURSO

Lembramos o material que pedimos para este curso 2020-2021

4º Educación Infantil (3 anos) 

5º Educación Infantil (4 anos)

6º Educación Infantil (5 anos)
 
Recomendación: Non poñades nome ó material .É mellor que veña dentro dunha bolsa e a bolsa co nome do nen@, por se houbera algún erro.

 

PREPARADOS, LISTOS, XA

 Amig@s de 3 e 4 anos 

vémonos nunhas horiñas!

Deitádevos cedo, tede felices soños , almorzade moi ben,...

e nós estaremos aquí para darvos a benvida. 

Lembrade vir con mascarilla e traer outra de reposto

 Os nov@s alumn@s virán segundo o calendario do periodo de adaptación e só traerán a mochila, botella pequena de auga,anotados os números de teléfono (actualizar),a máscara de reposto e a muda

domingo, 6 de setembro de 2020

SE PUIDERAMOS VER O MUNDO COS OLLOS DUN NENO,VERIAMOS A MAXIA EN TODO.

Benqueridas familias estamos a piques de comezar esta nova andaina que, aínda que se presenta un pouquiño complicada,  arrincamos con  ilusión e con moitas ganas de volver ver aos nosos amorciños.

O xoves día 10 reencontrarémonos cos nosos "amorciños" de 4 anos (5º Inf) e coñeceremos os nos@s nov@s amig@s de 3 anos (4º Inf)

 E o venres día 11 recibiremos ansiosas os nosos "pequenos maiores" de 5 anos (6º Inf) 

DESEXANDO VERVOS